Blogia
Andresadas

Información

Os crímenes de Florida... eche unha risa?

Os crímenes de Florida... eche unha risa? No estado de Florida acontencen os crímenes máis estranos que un se poida imaxinar... Por exemplo, un crime que preocupou e moito ás autoridades deste estado foi o do nudista asaltador de ancianas, que as acosaba sexualmente dunha forma moi particular. Ó parecer, este acosador, entraba nas casas das mulleres de máis avanzada idade, espido e co cabelo recollido, segundo as descricións das asaltadas, levantaba as sabas e, o pé da cama, facía cóxegas ás ancianas coas mans ou tamén cunha pluma. No momento no que as ancianas espertaban, o individuo escapaba a correr.

Outro criminal deste estado era o chamado "coleccionista de bragas". Este home, adícabase a agacharse nos aparcadoiros dos supermercados. O seu delito consistía en deixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por eldeixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por el. A policiá detívoo recentemente. O coleccionista chamábase Nicholas Koger, e levaba máis de cinco anos cos seus crimes...

Isto pasa só nos Estados Unidos? Espero que si, e por outra parte, moito non me estrana...

Novo blog. Andresinho troca para vós

Este reformado blog de Andresinho trata de darvos a coñecer todas aquelas noticias que non vos queren contar, todas as opiniones que ninguén quixo difundir, todo o oculto será desvelado para vós, para que esteades na última, para que non pechedes os ollos, porque é moi fácil deitarse e deixar que o tempo pase e as cousas sigan igual...

¿ Tanga girls? Non, non, somos Guerrilla Girls

¿ Tanga girls? Non, non, somos Guerrilla Girls As Guerrilla girls son unha organización feminista formada por todo tipo de artistas como forma de protesta e de contracultura. Naceu en 1985, e a medida que pasa o tempo se están a facer máis e máis fortes. Son un grupo de xente anónima que utiliza como pseudónimos, os nomes de mulleres que marcaron unha época no mundo da arte. Nestes 20 anos publicaron pósters, libros e proxectos mostrando unha postura feminista e antiracista. Tratan de protestar e revelarse dun xeito cómico e humorístico para que o resto do mundo poida comprobar que as feministas tamén poden ser simpáticas e entón tratan de eliminar todos os estereotipos e prexuízos que se foron creando.

Ademáis, realizan conferencias por todo o mundo, e no seu programa parece ser que estiveron en Febreiro en Madrid, do 10 ao 14. O seu signo distintivo é moi peculiar e curioso: unha máscara de gorila que se colocan durante todas as conferencias e parolas. Tan só hai un grupo desta organización, e debido ao anonimato das integrantes é complicada a súa expansión. A páxina ten unha multitude de posibilidades que recomendo, admiren